luns, 30 de maio de 2016

OBXECTIVOS

Continuamos co proceso extraordinario inicial de inscrición de soci@s ate o 22 de maio. Imos bater récords? Máis ben formulámonos obxectivos para a acción da ANPA.

  • Xuntar nais e pais nun colectivo, que queiran axudar con iniciativas a que o IES funcione mellor para os nosos fillos e as nosas fillas no que ten que funcionar: formación e educación.
  • Intervir no que se poida no eido colectivo, recollendo información antes de emitir unha opinión. Por exemplo, cunha enquisa xeral ás familias para coñecer a percepción que temos do funcionamento xeral do IES.
  • Propoñendo avaliar o funcionamento do programa de libros electrónicos ou tomando a iniciativa da avaliación directamente.
  • Estudar os niveis de absentismo escolar e as súas causas. Solicitando consecuentemente a nosa presencia no observatorio municipal.
  • Analizando a posibilidade de darlle forma a un banco de libros de texto para os niveis non obrigatorios. E tamén para os libros de lectura e consulta, con vinculación á biblioteca do centro.
  • Colaborando na elaboración dun plan de actividades aberto, interdisciplinar e interniveis, relacionadas co mundo da cultura e o deporte.
  • Propoñer a debate a necesidade da construción dun novo centro de estudos medios no término municipal.
  • Definindo e establecendo un programa de formación de nais e pais aberto a todas as familias e en colaboración con outras Anpas locais.
  • Mantendo permanentemente abertas canles informativas dixitais sobre todo o que atinxa e aconteza no IES, e por extensión do que consideremos que poida ser de interese xeral para as familias.
  • E moi concretamente, convocar para o inicio do curso 16/17 un concurso entre o alumnado do centro para o deseño do logotipo da ANPA.


Se compartides total ou parcialmente o que propoñemos, invitámosvos a sumarvos a acción. Ficha de inscrición e cota de soci@.

Un saúdo.

XD

Este é o resumo do documento no que estivemos traballando hai uns días na inauguración do local social da Anpa no Instituto. Intentamos salientar as cuestións centrais do que entendemos pode ser a acción inicial da Asociación. Aquí pódese consultar o documento ao completo.

CIRCULAR 1 / 2015-16

16/04/2016

Estimadas Nais e Pais.

Despois dun proceso de rexistro máis longo do que agardabamos, recibimos a comunicación de inscrición oficial no rexistro xeral de Asociacións, onde figuramos co número 2016-20210-1, como ASOCIACIÓN SÉCULO XXI DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO IES MANUEL MURGUÍA DE ARTEIXO. Abreviando, ANPA SÉCULO XXI.

A Xunta Directiva fundacional, formada por seis persoas que temos fillos /as matriculados neste centro, acordou en reunión ordinaria, o día 12 de abril, entre outras cousas, a apertura do proceso inicial de inscrición de socias e socios da Anpa. O proceso desenvolverase do 16 de abril ao 22 de maio de 2016 ambos inclusive. Para inscribirse  é imprescindible cubrir a ficha, que poderedes atopar no blogue, e abonar a cuota de inscrición por importe de 15 (quince) euros por familia, na conta ES34-2080-5512-0030-4011-7758 (ABANCA), indicando como concepto o nome e apelidos que figure en primeiro lugar na ficha de inscrición. Esta pode cubrirse directamente nun formulario online ou imprimilo e facérnolo chegar cuberto. En breve disporemos dun local como sede social no propio instituto, onde teremos un horario de atención. Calquera dúbida sobre como cubrir a ficha de inscrición pode ser consultada ao correo electrónico ou nas redes sociais vinculadas (G+, Facebook). A XD acordou tamén que excepcionalmente, e debido ás datas do curso nas que xa nos atopamos, a cuota terá validez ate o 31 de agosto do 2017, data na que rematará o próximo curso.

Ao inicio do curso 2016/17, abriremos estatutariamente un novo proceso de inscrición para todos os que se incorporen de novos ao IES ou para os que non tiveran oportunidade de asociarse neste proceso extraordinario. E en calquera caso, sempre poderán solicitar a súa inscrición como socias as persoas que cumpran as condicións indicadas nos Estatutos e segundo os procedementos regulares establecidos.

Asemade, a Xunta Directiva acordou na reunión do día 12 de abril, convocar Asemblea Xeral Extraordinaria para o día 24 de maio, martes, no salón de actos do instituto, da que se fará a convocatoria pertinente en próximas datas. A intención é que, entre outras cousas, nesta Asemblea poidamos escoller de entre as persoas socias asistentes unha Xunta Directiva plenamente funcional para exercer durante os dous próximos cursos, tal e como indican os Estatutos.

A esta Asemblea están invitadas todas as nais e os pais de nenas e nenos matriculados no IES, pero so terán dereito a voto as persoas que figuren como asociadas.

Un saúdo.
XD

ATÓPANOS NAS REDES

Se queres estar informada/o de toda a actualidade e novas da ANPA do I.E.S. Manuel Murguía, podes seguirnos nas redes sociais utilizando as ...