venres, 17 de xuño de 2016

CIRCULAR 02/ 2015-16

15/06/16

No día de onte tivo lugar unha reunión ordinaria da XD, na que se procedeu á súa reestruturación, que será comunicada ás entidades pertinentes.

Asemade aprobamos a petición de rectificación da comunicación da inspección educativa sobre a ocupación da praza no Consello Escolar, que previamente nos foi denegada.

Tamén decidimos solicitar do equipo directivo unha avaliación conxunta e pública do funcionamento do programa E-DIXGAL neste primeiro curso, coa finalidade fundamental de buscar a mellora da súa aplicación no próximo curso para os niveis de 1º e 2º da ESO.

O resto das cuestións tratadas foron a continuación das reunións con distintos sectores da comunidade, a solicitude de axudas da convocatoria do Concello e a admisión de socios.

En relación a isto último, decidimos tamén facer unha nova entrada no blogue, que se repetirá periodicamente nas redes, sobre o xeito de facerse socio da ANPA. Falamos do como. Do cando. O porque ou o para que, pois xa o imos debullando dende que comezamos a lanzar a iniciativa da creación da Asociación.

Aproveitamos para lembrar que o 23 de xuño e o último día para presentar solicitudes de axudas ou banco de libros da Consellería. Tamén para a devolución dos libros de ESO (salvo a casuística de exames en setembro).

O Concello abriu tamén a convocatoria de axudas propia, das que podería beneficiarse o alumnado de ESO e Bacharelato na liña 1 (comedores) cumprindo todos os condicionantes da normativa e na liña 3 (mobilidade) o alumnado de Bacharelato, FP, ensinanzas artísticas musicais e estudos universitarios, coa aplicación da normativa de 2 Km, entre outras. Solicitudes ate o 13 de xullo.

E por último, segundo puidemos ver nunha nota da cristaleira da secretaría do IES, a formalización de matrículas desenvolverase os día 23, 27 e 28 de xuño para as de 1º de ESO (as familias dos CEIPs recibirán notificación ao respecto do procedemento), e do 27 ao 30 para o resto dos niveis de ESO e Bacharelato.

Saúdos,
XD

E agora as FAQ Inscrición

Quen pode ser socio da ANPA Século XXI?
Calquera familia que teña fill@s matriculad@s no IES , en calquera dos seus niveis, e que o decida voluntariamente.
Cal é o momento idóneo para facerse socio da ANPA Século XXI?
Calquera momento é bo, como para recibir un xiro, sempre e  cando se cumpra a indicación anterior. Simplemente lembrando que os cursos comezan o día 1 de setembro e rematan o 31 de agosto, habitualmente.
Canto dura a condición de socio da ANPA Século XXI?
Pois xustamente o período do curso escolar, renovada tamén de xeito voluntario, polos procedementos acordados en cada momento.
Como se fai a inscrición de socio da ANPA Século XXI?
Como dixo alguén, de xeito sinxelo e doado. Cobres a ficha de inscrición online e ingresas online a cota de socio anual na conta bancaria indicada. Se non podes ou non queres facelo online, temos fichas en papel e podes ingresar a cota nunha oficina bancaria directamente.
Cando se fai a admisión de socios da ANPA Século XXI?
Temos indicado nos Estatutos que ten que ser nunha reunión ordinaria da XD, despois de comprobar os datos pertinentes. Facemos reunións con regularidade e mesmo poderíase convocar unha específica simplemente para tratar esta cuestión se fose necesario.
Como se da un de baixa da ANPA Século XXI?
Pois non temos nin idea, nunca nos ten pasado. Pero din os Estatutos que fundamentalmente por decisión voluntaria ou por perder a condición para poder ser socio (ter nenas ou nenos cursando estudos no IES). Os outros casos, agardamos que non se cheguen a dar nunca xamais.


Número de conta: ES34-2080-5512-0030-4011-7758 (ABANCA)

Dúbidas, comentarios, suxestións, preguntas...

no G+

ATÓPANOS NAS REDES

Se queres estar informada/o de toda a actualidade e novas da ANPA do I.E.S. Manuel Murguía, podes seguirnos nas redes sociais utilizando as ...