luns, 1 de agosto de 2016

CUESTIONARIO AVALIACIÓN E-DIXGAL

1 de agosto de 2016.
Hoxe é o día.

Tal e como formulamos nos obxectivos iniciais, lanzamos un cuestionario de avaliación do programa E-DIXGAL, para recoller a valoración das familias que tiveron fillas ou fillos cursando 1º da ESO no IES Manuel Murguía de Arteixo durante o curso 15/16.

Como indicamos tamén para o pretest, suxerimos que sexa a familia quen encha o cuestionario e non so o alumno ou alumna correspondente.

O cuestionario ten o formato dun formulario de Google. Este é o xeito máis doado para a recollida dos datos, ao noso entender. En calquera caso, incluímos tamén nesta entrada o cuestionario en formato pdf que podería ser remitido unha vez cuberto á conta de correo da ANPA ou depositado (en papel) no caixón de correo que temos no Instituto.

O prazo para recoller cuestionarios por calquera das canles remata o luns 12 de setembro de 2016, inclusive.

Para todos os casos, solicitamos o nome e apelidos e a clase onde estivo a alumna ou o alumno durante o curso 15/16, para o contraste dos participantes. Esta é unha condición necesaria para asegurar a fidelidade da mostra e a veracidade dos resultados. De producirse algunha repetición, daríamos por válido o último dos cuestionarios cubertos.

Unha vez recollidos todos os datos, daremos conta dos resultados agrupados, se é factible nunha convocatoria aberta ao público onde formularíamos as conclusións propias e desenvolveríamos un faladoiro entre os asistentes sobre o tema en cuestión.

Agardamos que a información que podamos aportar entre todas as familias contribúa a deseñar pautas de mellora para o funcionamento xeral do programa nos dous próximos cursos.

Axudádenos a difundir a proposta entre as posibles participantes. Grazas.

Xunta Directiva

ANPA SÉCULO XXI

ATÓPANOS NAS REDES

Se queres estar informada/o de toda a actualidade e novas da ANPA do I.E.S. Manuel Murguía, podes seguirnos nas redes sociais utilizando as ...